lunes, 9 de diciembre de 2013

Búsqueda na web

Hoxe imos realizar unha búsqueda da web seguindo uns determinados parámetros. Empregaremos algúns dos trucos publicados en outra entrada, xa que serán moi útiles para chegar dun xeito máis rápido e eficaz á resposta que buscamos.
Para comezar, buscamos en Google, sen comillas nin ningún outro tipo de truco: Científicas parisinas Premio Nobel Química. Aparece unha páxina onde menciona ás 15 gañadoras deste premio. Descartamos a Marie Curie, pois non naceu en Francia. Sen embargo, a súa filla Irène Joliot-Curie,que aparece despois, sí naceu en París e gañou un premio nesta categoría.
Accedendo á súa páxina de Wikipedia, comprobo que ela gañou o Premio xunto ao seu marido en 1935, polo seu traballo na síntese de novos elementos radiactivos. Nesta ficha en Wikipedia, atopamos tamén o nome do seu marido (Jean Frédéric Joliot-Curie), e os seus pais Marie Curie e Pierre Curie, dous recoñecidos investigadores a nivel de física e química.
Na biografía atopamos tamén a causa da súa morte, leucemia, resultante dunha sobreexposición á radiación no seu traballo.
  • NOTA: Para averiguar o traballo dos seus pais accedín ao link que aparece no resumo da súa ficha. 
  • Na páxina na que atopei ás científicas gañadoras do Premio Nobel, escollín a esta tras investigar que as demais non naceran en París, ou non era na categoría de Química.
  • Antes de buscar científicas parisinas Premio Nobel Química, busquei "Científica nacida en París que ganó el Premio Nobel de Química" e levoume ata Marie Curie, a cal sería errónea, porque aínda que é de nacionalidade francesa, non naceu alí.


martes, 26 de noviembre de 2013

WEBS TEMÁTICAS

Cómo usuarios de internet, o uso de webs temáticas, facilítanos moito as actividades que realizamos: escoitar música, buscar información, mercar... se tivéramos todo isto condensado nunha sóa sería moi agobiante e lioso.

Uns exemplos de webs útiles son:
  • Cando queremos buscar videos ou música, sempre se nos vai a ocorrer Youtube, pero tamén podemos recorrer a Vimeo. En ambas páxinas podemos atopar calquera video tanto musical como de calquera outro tipo.
  • Cando queremos mercar algo, ropa por exemplo podemos acudir a calquera das páxinas oficiais, por exemplo Pull. E para compras xerais ou vender nós Ebay. A primeira páxina, é a oficial da tenda Pull&Bear, onde podemos adquirir por internet calquera dos produtos que atopamos na tenda. En Ebay, podemos mercar ou vender obxectos que nos interesen por medio dunha subasta.
  • Agora que os ebook están moi de moda, páxinas de descargas de libros como Papyref ou Ebiblioteca poden sernos de gran utilidade. Nestas dúas páxinas, atopamos libros ou documentos aptos para descargar nun ebook, en formato PDF, etc...
  • Á hora de buscar información, debemos coñecer vida máis aló de Wikipedia, algunha web interesante é ABCpedia e Britannica.A primeira é unha enciclopedia en español, mentres que a segunda está inglés, pero ambas son moi completas.
  •  Tamén podemos buscar información sobre palabras nos dicionarios RAE ou El Mundo. Á súa vez, para traducir atopamos dous traductores online bastante bos: Tradukka e El Mundo. Está claro que o diccionario máis apto é o de a RAE, por ser o oficial da Real Academia, pero se por algún motivo este faiase, o de El Mundo está bastante ben. No apartado de traductores, podemos consultar Tradukka, que ten recoñecemento de idioma, e traduce bastante axeitado ao uso tradicional da lingua e non ao literal, ou El Mundo, de novo, que nos ofrece menos idiomas pero con boas traduccións.
  • Se nos interesa buscar temas relacionados coa arte, existen diversas páxinas que nos poden ensinar a pintar ou onde consultar obras artísticas: ideas e temas  e museo online. Poderíamos dicir que a primeira páxina é unha especia de guía para os amantes do debuxo ou a pintura, que nos axudará a adquirir novas técnicas para estas actividades. A segunda é o museo do Prado, onde a través dunha galería online podemos ver as obras que están expostas e un breve comentario sobre elas.
  • No tema de descarga de software, interesaríanos descargar un libre, e podemos atopalo en Softonic (o LibreOffice) ou en Cdlibre. Softonic ás veces solicita o número de movil como forma de pago a través dun sms, no caso do libre office no é así, e en Cdlibre, atopamos un catálogo, dentro do cal escolleríamos o software que desexamos.
  • Se te interesa estar informado de novas tecnoloxías e os avances que se producen nelas, podes recurrir a páxinas como Tecnologas e Todoele . A primeira páxina é un blog, onde existe un montón de información sobre innovacións tecnolóxicas e produtos que nos interesan. A segunda é unha páxina html, onde tamén adquirimos certos conceptos sobre tecnoloxía.
  •  Cando nos interesa consultar rutas, ou mapas, seríannos de utilidade páxinas como Repsol ou ViaMichelin.  Ambas son webs para planificar rutas de viaxe a través dun mapa, suxerindo a mellor ruta, paradas...
  • Ao ter un blog pode interesarnos descargar imaxes libres, algunha páxina onde atopalo é Fotolibre ou Morguefile.

lunes, 28 de octubre de 2013

Trucos para mellorar as búsquedas en Google

Durante este trimestre coñecimos bastantes trucos de búsquedas en Google, como empregar "x", o símbolo +, non introducir tódalas palabras ou empregar a búsqueda avanzada... Pero aínda podemos atopar máis, aínda que para búsquedas máis concretas. ·Para atopar rostros soamente, debemos engadir o nome da persoa que queremos buscar e ademáis &imgtype=face, e así, podemos centrar máis a búsqueda. ·Para obter resultados unicamente relacionados coa música, debemos introducir music: ·O botón "Síntome con sorte" tamén pode resultarnos útil, xa que ao accionalo lévanos directamente ao primeiro resultado, aforrándonos a publicidade. Os trucos podes atopalos neste link Podes consultar outros trucos en esta páxina.
 Engado un vídeo que contén trucos para complementar e mellorar a nosa búsqueda.

Este video foi extraido de Youtube.
 
Imaxen vía link












































jueves, 10 de octubre de 2013

Snowden

Quen é Snowden? Aínda que a meirande parte do mundo, xa coñece a existencia de este home, imos a adicarlle un texto para saber algo máis sobre el. Edward Snowden, naceu en Carolina do Norte no 1983. Foi empregado da CIA e da NSA, ata o momento en que descubriu unha das tramas de espionaxe máis grandes que podemos imaxinar. Trátase de como os EEUU controlan tódalas chamadas, visitas en internet... Nunha entrevista realidad no Whistleblower é onde revela todo isto.
Neste momento, Snowden atópase en búsqueda e captura. Está procurando exilio en países como Rusia, e solicitouno tamén en varios sudamericanos.
Anteriormente, Snowden estivo agachado no aeroporto de Sheremetyevo, en Rusia, e a día de hoxe descoñécese o seu paradoiro, aínda que se pensa que pode estar no mesmo país.
Na miña opinión, o feito de desvelar unha trama así é de moito mérito, xa que agora, a súa vida nunca volverá a ser a mesma.

lunes, 7 de octubre de 2013

Subxetividade nos medios de comunicación

Hoxe en día, atopámonos con que unha mesma noticia pode cambiar totalmente de aspecto nun periódico ou outro, igual que nas canles de televisión.
Nunha mesma noticia, ou similar, falando sobre as faltas cometidas sobre Neymar; o MARCA da un punto de vista crítico, sobre que se deixa caer, e as faltas non son xustas. Mentres que no SPORT, non afondan tanto e deixan caer un comentario que JIM fixo sobre ese defecto de Neymar, pero sen mencionalo. Esto mesmo sae refrexado no Sport. Podemos ver claramente as diferencias entre un periódico e outro, simplemente no título.
Comprobamos que no Marca, todo refírese máis ás críticas, profundizando máis nos erros, mentres que no Sport, trata o tema de como o critican. Isto influénos día a día no noso mundo.

viernes, 4 de octubre de 2013

A información e tecnoloxía hoxe

Comunicámonos continuamente uns con outros, falando, chateando...etc. O concepto de comunicación está completamente ligado ao de información.
A información constitúe organizadamente o bloque da mensaxe, que o emisor envía ao receptor. Hoxe en día a información tecnolóxica é a base dos nosos coñecementos... Grazas aos avances en tecnoloxía e comunicación, podemos disfrutar de intercambios de información de moitas maneiras. Que sería de nós sen internet actualmente? A nosa capacidade para comunicarnos veríase parcialmente reducida. A información bombardéanos: noticias, móbil...
Esta imaxe foi recollida de Google imaxes.
De feito as TIC son tan importantes, que incluso inflúen nas capacidades laborais. Unha persoa con coñecementos informáticos, pode atopar traballo con máis facilidade que outra sen os mesmos. O mesmo pasa cos idiomas, e aquí a tecnoloxía xoga un papel importantísimo, xa que nos pode axudar a coñecer novas linguas; recursos aos que sería algo máis dificil acceder se no tiveramos os avances actuais (descargar un traductor, ou incluso un curso vía internet). Para resumir, non seriamos capaces de concebir o noso mundo sen as tecnoloxías actuais.




Páxina web útil

Páxina web útil











miércoles, 2 de octubre de 2013

Finalidad del blog

Ola! Son Maite Martínez, alumna de 1º de bacharelato no IES de Fene e este será o meu blog para a asignatura de TIC.  Sígueme!!!