Para comezar, buscamos en Google, sen comillas nin ningún outro tipo de truco: Científicas parisinas Premio Nobel Química. Aparece unha páxina onde menciona ás 15 gañadoras deste premio. Descartamos a Marie Curie, pois non naceu en Francia. Sen embargo, a súa filla Irène Joliot-Curie,que aparece despois, sí naceu en París e gañou un premio nesta categoría.
Accedendo á súa páxina de Wikipedia, comprobo que ela gañou o Premio xunto ao seu marido en 1935, polo seu traballo na síntese de novos elementos radiactivos. Nesta ficha en Wikipedia, atopamos tamén o nome do seu marido (Jean Frédéric Joliot-Curie), e os seus pais Marie Curie e Pierre Curie, dous recoñecidos investigadores a nivel de física e química.
Na biografía atopamos tamén a causa da súa morte, leucemia, resultante dunha sobreexposición á radiación no seu traballo.
- NOTA: Para averiguar o traballo dos seus pais accedín ao link que aparece no resumo da súa ficha.
- Na páxina na que atopei ás científicas gañadoras do Premio Nobel, escollín a esta tras investigar que as demais non naceran en París, ou non era na categoría de Química.
- Antes de buscar científicas parisinas Premio Nobel Química, busquei "Científica nacida en París que ganó el Premio Nobel de Química" e levoume ata Marie Curie, a cal sería errónea, porque aínda que é de nacionalidade francesa, non naceu alí.


No hay comentarios:
Publicar un comentario