jueves, 23 de enero de 2014

Tutorial sobre Slideshare

Como todos sabemos facer presentacións en PowerPoint ou en Office, hoxe aprenderemos a subila a Slideshare e a compartila no noso blog.

  1. O primeiro que debemos facer é rexistrarnos na páxina Slideshare, clicando en Singup, é un proceso moi sinxelo.
  2. Unha vez que estamos rexistrados e temos a nosa presentación realizada, dámoslle a Upload e seleccionamos o arquivo que queremos subir. 
  3. Cando o arquivo cargue, debemos engadir un título e unha categoría obrigatoriamente, podemos escoller se queremos poñerlle unha descrición e etiquetas. 
  4. Facemos click en Save&Continue
  5. Dñamoslle a View Presentation, dende onde debemos copiar o código que nos dan para subir a presentación ao blog. 
  6. Por último, pegamos o código en HTML e o compartimos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario