Uns exemplos de webs útiles son:
- Cando queremos buscar videos ou música, sempre se nos vai a ocorrer Youtube, pero tamén podemos recorrer a Vimeo. En ambas páxinas podemos atopar calquera video tanto musical como de calquera outro tipo.
- Cando queremos mercar algo, ropa por exemplo podemos acudir a calquera das páxinas oficiais, por exemplo Pull. E para compras xerais ou vender nós Ebay. A primeira páxina, é a oficial da tenda Pull&Bear, onde podemos adquirir por internet calquera dos produtos que atopamos na tenda. En Ebay, podemos mercar ou vender obxectos que nos interesen por medio dunha subasta.
- Agora que os ebook están moi de moda, páxinas de descargas de libros como Papyref ou Ebiblioteca poden sernos de gran utilidade. Nestas dúas páxinas, atopamos libros ou documentos aptos para descargar nun ebook, en formato PDF, etc...
- Á hora de buscar información, debemos coñecer vida máis aló de Wikipedia, algunha web interesante é ABCpedia e Britannica.A primeira é unha enciclopedia en español, mentres que a segunda está inglés, pero ambas son moi completas.
- Tamén podemos buscar información sobre palabras nos dicionarios RAE ou El Mundo. Á súa vez, para traducir atopamos dous traductores online bastante bos: Tradukka e El Mundo. Está claro que o diccionario máis apto é o de a RAE, por ser o oficial da Real Academia, pero se por algún motivo este faiase, o de El Mundo está bastante ben. No apartado de traductores, podemos consultar Tradukka, que ten recoñecemento de idioma, e traduce bastante axeitado ao uso tradicional da lingua e non ao literal, ou El Mundo, de novo, que nos ofrece menos idiomas pero con boas traduccións.
- Se nos interesa buscar temas relacionados coa arte, existen diversas páxinas que nos poden ensinar a pintar ou onde consultar obras artísticas: ideas e temas e museo online. Poderíamos dicir que a primeira páxina é unha especia de guía para os amantes do debuxo ou a pintura, que nos axudará a adquirir novas técnicas para estas actividades. A segunda é o museo do Prado, onde a través dunha galería online podemos ver as obras que están expostas e un breve comentario sobre elas.
- No tema de descarga de software, interesaríanos descargar un libre, e podemos atopalo en Softonic (o LibreOffice) ou en Cdlibre. Softonic ás veces solicita o número de movil como forma de pago a través dun sms, no caso do libre office no é así, e en Cdlibre, atopamos un catálogo, dentro do cal escolleríamos o software que desexamos.
- Se te interesa estar informado de novas tecnoloxías e os avances que se producen nelas, podes recurrir a páxinas como Tecnologas e Todoele . A primeira páxina é un blog, onde existe un montón de información sobre innovacións tecnolóxicas e produtos que nos interesan. A segunda é unha páxina html, onde tamén adquirimos certos conceptos sobre tecnoloxía.
- Cando nos interesa consultar rutas, ou mapas, seríannos de utilidade páxinas como Repsol ou ViaMichelin. Ambas son webs para planificar rutas de viaxe a través dun mapa, suxerindo a mellor ruta, paradas...
- Para buscar blogs, existen páxinas como BoosterBlog ou GoogleBlogs.
- Ao ter un blog pode interesarnos descargar imaxes libres, algunha páxina onde atopalo é Fotolibre ou Morguefile.
No hay comentarios:
Publicar un comentario